por Pablo Díaz (1º da ESO)
As unidades de medida xurdiron pola necesidade de contar a colleita, o gando e para rexistrar as áreas de superficie das parcelas (por iso as medidas máis utilizadas eran as de capacidade e as de supeficie). Cada cultura tiña as súas propias medidas que nalgúns casos fóronse unindo.
Estas son as civilizacións antigas mais importates e as suas medidas:
ROMAOs romanos pesaban contaban e median en libras, ases e pés, dividido entre 12 unidades. Usaron o sistema decimal para poder contar cos dedos das mans (sistema tamén utilizado en Mesopotamia)
Existian uns patróns desas medidas que se custodiaban relixiosamente para asegurarse que se utilizaban ben no comercio. As medidas de
superficie eran a
acta xeódesica (traballo de media xornada) e o
jugerum (traballo de xornada completa). A medida base de lonxitude era o pé romano ou a milla romana. O pé romano era diferente do grego e máis tarde unificáronse. Canto ao
peso a medida base era a libra dividida en doce partes chamadas onzas que a súa vez divídese en 4 escrúpulos. Estas medidas tamén se igualaron ás gregas. Por último, respecto á
capacidade, tanto de líquidos como de sólidos, non se se coñecen os seus nomes pero foron asimilados os de Grecia.
EXIPTOA unidade principal de
lonxitude era o cóbado real (523,5mm). A partir de aí había moitas máis unidades pero todas derivados dela. A unidade básica de
superficie era o
sechut que equivale a un cadrado de 100 cóbados de lado, é dicir, 10.000 cóbados cadrados. Canto ao volume, a unidade de
capacidade que mide sólidos era o
hequet para cereais . O
henu era a unidade de capacidade para líquidos. A unidade de
peso central era o
deben. Utilizábase maioritariamente para pesar metáis. As unidades de
tempo eran moi parecidas ás nosas. Un ano 365 dias, cada mes 30 días e cada día 24 horas. Para saber a hora utilizábanse reloxos de area ou de auga.
Estas medidas confluiron nas do Sistema Métrico Internacional. Son as seguintes.
Magnitude física Unidade SímboloLonxitude (l) metro m
Masa (m) gramo g
Tempo (t) segundo s
Temperatura (T) kelvin k
Superficie metro cadrado m2
Volume metro cúbico m3