O ruso Grigori Perelman é un dos maiores xenios das matemáticas da actualidade. Sorprendeume moito a súa historia: O Instituto estadounidense Clay de investigación matemática daba un millón de dólares á persoa que dera resolto un dos 7 problemas chamados do milenio. En marzo de 2010 Grigori Perelman déronlle por feito un deses problemas, que foi creado polo matemático francés Henri Poincaré. As explicacións eran tan difíciles que lles levou correxilo catro anos. Ao final o do ruso estaba ben, polo que lle ofreceron o millón de dólares. Tamén, por saber tanto das matemáticas otorgáronlle en 2006 a prestixiosa medalla Fields que se considera como o premio Nobel das matemáticas. Grigori Pirelman fixo unha cousa que ninguén esperaba, rexeitou a medalla Fields e o millón de dólares! Por que rexeitou a medalla Fields e o millón de dolares? El dixo que non quere fama nin cartos, nin quería estar exposto como un animal de zoolóxico. Eu defendo a sua opinión, por unha simple razón: Estamos nunha sociedade corrupta, onde só importan os cartos e ser famoso, e quen máis o demostran agora son os políticos importantes e os famosos. Grigori Perelman non é desas persoas, el non facia matemáticas por cartos, nin por destacar, senón que facia matemáticas porque lle gustaba, e iso é o que importa. Facer algo porque nos gusta, non polos cartos. Agora Grigori Perelman desentendeuse das matemáticas, pero ainda así pode estar orgulloso, que o que fixo é moi difícil. Grigori vive agora coa súa nai nun apartamento alugado en San Petesburgo. Estao pagando dando clases particulares.
A cicloxénese explosiva Gong deu comezo o seu paso por Galicia ás 6 da madrugada do sábado 19 de xaneiro. Gong entrou en Galicia provocando grandes ventos, inmensas choivas e, ao seu fin, algunhas nevaradas.
A pesar de todas as chamadas que o 112 puido recibir, non podemos
esquecer dos dous mortos que deixou en Cartagena (Murcia). Recordamos
que chovía sobre mollado e que os ríos se desbordaron, o Ebro chegou
aos 6,2 metros por Castellón (Navarra) e coma este moitos máis. Deixou
unha morea de accidentes ao seu paso como cortes de subministro, tamén
chegou a tirar árbores etc... Pero o sábado día 19 de xaneiro aínda
empeorou a situación, na cidade de Vigo caeron varias árbores que
esmagaron moitos coches.
En Cangas o aire arrasou con varios tellados e a auga asolagou baixos comerciais
e colexios. A cicloxénese explosiva non deixou recanto sen tocar. Na
mañá do sábado houbo grandes momentos de tensión. Nas zonas costeiras os
refachos de vento entre 10h e 11h eran de 126-149 km/h. As ondas do
mar chegaron a ascender aos 8 m. de altura, e nalgún punto ata os
chegaron a superar. As choivas eran tremendamente importantes, entre 90 e
10 l/m2.
Comprobando os datos ofrecidos pola estación meteorolóxica de Melide (a máis próxima a Palas de Rei é a que xa utilizamos no noso Estudo Meteorolóxico) o que choveu no mes de xaneiro no 2012 e o que choveu os días 18 e 19 de xaneiro de 2013, observamos que choveu moito máis en dous días que nun mes. Dado que o 1 de xaneiro foi o día que máis choveu no 2012 e que só choveu 18 l/m2 se llos restamos aos 91,1 l/m2 que foi o que choveu o 18 danos unha diferenza de 73 l/m2 a maiores que o ano pasado!
Estas gráficas (preme para ampliar) achegadas polo meteorólogo Carlos Fdez. Balseiro mostran moi ben o que aconteceu, relacionando os conceptos de presión e velocidade do vento como vimos na clase no tema da Atmosfera:
A presión barométrica empezou as 05:20h arredor de 1007 mb e ao pasar xusto medio día baixou ata os 976 mb. Este cambio brusco é o que determina isobaras moi xuntas e alta velocidade do vento. O aire empezou indo a uns 10 km/h pero acabou a uns 100km/h unha cousa que se nota moito e que causou semellantes estragos.
Todos nos preguntamos algún día por que se usa a letra "x" para indicar o
descoñecido. Pois Terry Moore neste video dá a resposta a esta pregunta. Di que
aprendemos isto en clase de matemáticas, pero cada vez, esta letra úsase en máis cousas como na cultura no premio X Prize, Expediente X, Proxecto X, TEDx …
Para que Terry descubrise isto, tivo que estudiar a lingua árabe. Di que escribir unha palabra, unha frase ou unha oración é como escribir unha ecuación, porque cada frase, palabra ou oración, leva unha morea de información. Por iso se di que a ciencia, as matemáticas e as enxeñerías occidentais foron concebidas nos primeiros séculos da nosa Era polos persas, turcos e árabes. Isto inclúe un sistema árabe chamado al-jebra que significa "o sistema de reconciliar partes dispares". Na nosa lingua é a Álxebra.
Isto entrou na Península nos séculos XI e XII. Houbo un grande interese por traducir esta sabiduría a unha lingua europea. O problema que había era que en árabe había certos sons que os europeos non podían pronunciar sen practicar. Tamén había caracteres que non se podían traducir, como a letra "SHeen", que sona coma a nosa "xe" coma en "xamón". Tamen é a primeira da palabra "shalan" que significa "algo", unha cousa indefinida e descoñecida. E se se lle engade o artigo indefinido "al" formase a palabra "al-shalan", a cousa decoñecida. Esta palabra usábase nas matemáticas antigas.
Os académicos medievais españois non podían traducir estas palabras e utilizaron o son K, da latra "q", do grego clásico na forma da letra khi (χ). Cando foi traducido este material ao latín , só tiveron que cambiar o χ grego co X latino. Cando aconteceu isto, que foi traducido ao latín, pasou a ser as bases dos libros de matemáticas durante case 600 anos.
Agora temos a resposta á pregunta de por que "x" representa o descoñecido: Non se pode dicir "xe" en español!
A Vía Láctea podería estar chea de
planetas similares á Terra. É o que di Kepler, un satélite
artificial que orbita ao redor do Sol buscando planetas extrasolares,
especialmente aqueles de tamaño similar ao da Terra.
Segundo os astrónomos, unha de cada
seis estrelas alberga un planeta de tamaño similar ao noso na súa
órbita próxima, o que suxire que na nosa galaxia poderían existir
cerca de 17.000 millóns de irmás da Terra! Os datos nos que se
basearon os científicos responsables deste novo descubrimento foron
recollidos polo Kepler, desde a súa posta en órbita en 2009, a zona
de observación ten limitado unha parte concreta do ceo, onde ten
identificado máis de 150.000 estrelas.
O doutor Burke anunciou 461 novos
candidatos a planeta, unha fracción dos cales era un tamaño
parecido ao da Terra o un pouco maiores, corpos que ata agora foron
especialmente difíciles de detectar. Pois 10 deses poden ser
habitables!
Desafortunadamente, Kepler non pode
dicirnos o que en realidade queremos saber: Hai vida máis aló da
Terra? Na década dos 90, algúns enxeñeiros da NASA propuxeron
misións para intentar resolver esta cuestión, unha foi a “
Terrestrial Planet Finder ” un telescopio especial que captaría
a luz emitida polos planetas de forma individual.
Ao principio de curso vimos que as
distancias astronómicas se miden en anos luz, polo que
necesitaríamos varias vidas para trasladarnos dun planeta a outro.
No caso de descubrirse vida noutro planeta tardaríamos moitísimo en
estudar a súa forma de vida. Aínda así penso que merece a pena
intentar comunicarnos con eles. Necesitamos, por exemplo, que nos
axuden a reducir a contaminación e outras cousas.
Esta é a representación artística (NASA) dun planeta irmán da Terra: o Kepler 22b.
O infinito
inventouse para expresar números, ecuacións, sentimentos...
Unha frase moi famosa de Milan Kundera é: Quen busque o
infinito, que peche os ollos. Os seres humanos, nalgún momento
das nosas vidas, fixémonos preguntas referentes a este feito: Que é?
A onde leva? Pode ser algo real infinito?... Esta é a idea máis
extraña que
pensou algunha vez o ser humano. O concepto de
“infinito” está asociado coa forma de
pensar de cada persoa. Para moitos é completamente real e para
outros, un xeito de pensar abstracto.
UN NÚMERO
INABRANGUIBLE
Desde que aprendemos
a contar, e a medida que vamos crecendo, dámonos conta de que os
números son infinitos.
Raúl Ibáñez, matemático, demóstranos que se
dedicásemos as 24 h. do día a contar, sen parar para ningunha
necesidade, e vivíramos 80 anos, tendo en conta que tardariamos uns 2 segundos en contar cada número e así serían 30 cifras por
minuto, obteríamos 1.261.440 como número máis alto.
Nós pensamos
que nos costa visualizar unha cifra moi alta pero, sen darnos conta,
estamos rodeados delas. O universo ten 211
galaxias, o noso corpo ten 1014
células... Podemos inventar números enormes como o levitan,
que sería 10^666
e multiplicado por todas as cifras dende esa ata 1. Porén,
ese número non sería nada comparado co infinito.
HOTEL INFINITO
Se un hotel ten
infinitas habitacións, poderían estar todas ocupadas? A resposta é
que si pero non.
Se chega un hóspede diranlle que hai unha habitación libre, a
número 1 xa que, o que estaba nese dormitorio, podería
pasar ao número 2, o do 2 ao 3... e así
sucesivamente. Pero, e se chegan infinitos hóspedes? O receptor
tamén lle diría que si que había dormitorios libres. O da
habitación número 1 pasaría para a 2, a da 2 para a 4, a da 3 para
a 6... e así ata que quedaran os dormitorios dos números impares
libres, que serían onde se aloxarían os novos hóspedes.
GRANDES NÚMEROS
Na
natureza hai números tan grandes que asustan. Por exemplo, o número
de partículas no universo está composto por un 1 seguido de 80
ceros aproximadamente, o número de xogadas posibles nunha partida de
axedrez é de 10 elevado a 10 elevado a 50 e o número de universos
que cremos que hai no “multiverso” é, seguramente, a cifra máis
alta que garde algún tipo de conexión coa natureza. Non obstante,
fronte ao infinito, todos estes números quedan pequenos.
SÍMBOLOXÍA
O símbolo do
infinito naceu no século XVII. Ten un parecido a un oito deitado
pero en realidade fai referencia a un símbolo matemático denominado lemiscata de Bernoulli. Antes representábase cun
círculo que no ano 1600 a.C simbolizaba un ciclo eterno.
TEOREMA dos MONOS
INFINITOS
O teorema dos
infinitos monos di que se un mono escribe a máquina, sen parar nin
un segundo, e durante un tempo eterno acabaría por escribir a obra
de Shakespeare. Esta idea lanzouna un matemático en 1913 e como
unha metáfora divertida e
agora un programador norteamericano fixo
monos virtuais para demostralo e en un mes escribiron
un soneto da obra de Shakespeare.
NEWTON vs LEIBNIZ
Leibniz foi o
primeiro en publicar un traballo sobre o cálculo, pero Newton xa
facía que desenvolvera estes temas 20 anos atrás. Moitos
matemáticos ingleses acusaron a Leibniz de plaxio. Ambos os xenios
contradixéronse mutuamente e isto acabou sendo unha vergoña para
todo o mundo académico.
O TAMAÑO DO
UNIVERSO
No século XVI, o
astrónomo e filósofo
Iordano Bruno
afirmou que o Universo era infinito e que existían outras galaxias
que xiraban
arredor da nosa estrela, que é o Sol. Isto enfureceu tanto a igrexa
Católica que o queimaron, xa que pensaban que o único que podía
ser infinito era Deus. Hoxe en día a
física explica que o Universo pode ser
finito. Unha teoría actualque explica o físico Emilio Eizalde dí
que se imaxinamos
que todo é
bidimensional,
ata o Planeta, nos estaríamos na
superficie e, no interior desta, sería o
pasado. Fóra da
franxa, só estaría o futuro. Pero o Universo que vemos non o é
todo e iso fai pensar o contrario. Nós só podemos ver o que a luz
nos permite e, por iso, non podemos saber con certeza que hai no
Universo que non se ve. Ou ben pode ser o futuro, como explica a
teoría, ou simplemente sería un universo dos moitos que se puideron
formar no Big Bang. O que si saben os expertos con certeza é que a
nosa mente é limitada e non podemos saber se o tamaño do Infinito
ten algún límite ou non. Talvez nunca cheguemos a sabelo. O que si
é certo e que todas as teorías desafían as crenzas e as éticas de
calquera persoa e que o concepto “Universo” pode ser finito ou
infinito dacordo coa forma de pensar de cada un de nós.
(*) Artigo baseado no capítulo "Los límites del infinito" do programa tres14 de rtve.
Diferéncianse tanto dúas persoas que falan diferentes linguas?
A priori non, pero se aprofundamos na mente de cada unha veremos neste artigo que si. É certo que pese a falar diferentes linguas a mente que se forma en todas as persoas é, en certa medida, similar, pero diferenciámonos na nosa forma de vivir e nos nosos costumes. Que ocorre co funcionamento básico da nosa mente?
Os nosos encéfalos constrúen realidades distintas e o idioma que falamos pode determinar esas realidades. Por exemplo: os esquimós teñen máis de 20 nomes para o que nós chamamos “neve”. Investigacións recentes sacaron á luz o curioso caso dos Pormpuraaw.
Os Pormpuraaw son unha comunidade aborixe situada no norte de Australia cunha extraordinaria capacidade de orientación. Tanto ao desprazarse como no interior das súas casas sitúan con facilidade os puntos cardinais. A razón disto parece que está na lingua na que falan. Utilizan os puntos cardinais como referencia para indicar a posición das cousas (“chuta forte o balón e méteo polo noroeste”). Isto obrígaos a estar sempre pendentes da súa localización espacial. Esta particularidade lingüística fai que os Pormpuraaw se orienten moi ben, pero tamén inflúe na maneira de entenderen o paso do tempo. Para eles un dia é o percorrido diario do Sol.
Un dos experimentos levados a cabo foi pedirlles que colocasen unha serie de fotos nunha mesa. Para a sorpresa de todos, ningún deles as colocou de igual xeito, todos de diferentes maneiras, sen seguir ningún tipo de patrón, agás o de as colocar de Este a Oeste.
Resulta sorprendente como unha simple variante lingüística pode influír na idea do paso do tempo e na orientación. Un motivo máis para aprender idiomas e coidalos é que ao aprendermos novas linguas, as nosas capacidades cognitivas melloran. Canto antes se realice a aprendizaxe a mellora será máis intensa.
Agora esta de moda o inglés. Se non o falas ou non o entendes, practicamente non tes futuro. Pola miña parte creo que todas as linguas son igual de importantes e deberíanse coidar máis. Moitas delas están a desaparecer por non ter quen as fale, como esta a pasar coa lingua galega. As persoas novas non o queren falar porque din que non é moi fino e as persoas maiores están a morrer e estase deixando de falar o galego.
Aquí en Palas de Rei case non se dan eses casos xa que en todas as aldeas se fala galego e agás algunha xente que fala o galego só na casa, todos falamos o galego. As linguas non se poden deixar de falar. Ao desapareceren tamén desaparecen as culturas e dun xeito ou doutro van unidas e son moi necesarias as dúas, sobre todo as linguas. Forman parte da nosa identidade e o noso desenvolvemento mental. Se todas a linguas desaparecesen (agás unha) e tamén desaparecesen todas as culturas, seríamos todos iguais, sen personalidade, coa mente sen desenvolver. Por iso debemos coidar as nosas linguas e culturas. E, por suposto, cantas máis linguas saibamos máis fácil será a aprendizaxe da seguinte!
(*) Este artigo está baseado no capítulo "A linguaxe" do libro Neurociencia para Julia do divulgador científico Xurxo Mariño.
O
luns 17 de decembro, o programa Pensando en ti, conducido daquela por
Alberto Freire, recibiu unha chamada dunha “ferrolá” un chisco
especial. A susodita, de nome Amalia, chamou para dar unha queixa,
segundo ela dixo. Trataba sobre o mal uso que facía o presentador da
lingua galega. A ferrolá expuxo que era de mala educación que á
orquestra Los Españoles lles falara en galego cando eles non tiñan
porque entendelo. A isto Alberto respondeulle que o vehículo de
comunicación da Radio Galega era o galego como é de supoñer, pero
Amalia cunha tremenda mala educación non o deixou terminar e seguiu
coa súa teima dicindo que o castelán era o idioma de todos e a ela
o Sr. Freire debíalle falar en castelán. Para ilustrar a afirmación
puxo un exemplo, non sei se inventado ou un pouco cutre.
Ao parecer o Presidente da Xunta de
Galicia Sr. Feijóo (segundo ela seu amigo) cando ía a Ferrol,
faláballes o castelán porque sabía que a xente de alí non o
entendía porque non o estudara e ademais non tiñan interese en
facelo. O presentador coméntalle que moi mal non ter interese en
estudalo porque saber idiomas enriquece culturalmente á xente.
Amalia, chea de carraxe, contéstalle dicíndolle que lle vai
escribir unha carta á Xunta pero o presentador coa retranca
necesaria nestas situacións, dille que se quere pode escribirlle a
carta a Rajoy ou incluso á Unión Europa. Aquí a ferrolá
replícalle que ela coñece ao Presidente da Xunta e vai ser a el a
quen lle escriba a carta. Ao final a señora colgou o teléfono cando
o presentador intentaba contarlle que o que hai que facer é unir,
non destruír.
Isto
na Radio Galega xerou que as sucesivas chamadas de xentes de Ferrol
para aclarar que moitos non sabían falar galego pero entendíano e
que esta señora todo o que dixera foran calumnias.
Segundo
a miña opinión, Amalia comportouse como unha auténtica inculta non
só xa por lle dicir á xente o idioma que debe falar senón por
chamar a Radio Galega na que se fala o galego e descargar a súa
carraxe contra unha persoa, neste caso Alberto Freire, que non fixo
nada para merecer as palabras que esta “ferrolá” lle adiucou.
Isto débese a que algunhas persoas se creen superiores por falar o
castelán, cando isto en realidade é un PREXUÍZO e ven dado porque
anos atrás, no Franquismo, cando se produciu unha diglosia e o
castelán era a lingua forte de poder e o galego era a lingua débil
que quedou relegada ao uso familiar e cotiá. Estes prexuízos
acostuman ser típicos da xente maior que estudou o castelán por ser
a lingua da “Nación” e parécelle que por falalo nos tempos
actuais é superior aos que falan galego pero isto eu vexo como unha
parvada porque como ben dixo Alberto Freire en repetidas ocasións,
cada un fala no que lle guste ou no que lle pete e non se debe
discriminar pola lingua que empreguemos. Amais, esta señora intenta
que o presentador fale en castelán cando el dixo que debe falar
galego porque lle gusta e está no seu contrato.
Eu
a Amalia recoméndolle que escoite outra radio e que se deixe de
facer parvadas e de comportarse dunha maneira caprichosa porque
supoño que xa terá unha idade.
Ramón
Rodríguez Varela máis coñecido como Curuxás, naceu en Vilouriz
(Toques) en 1904. Morreu no Freixeiro (Palas de Rei), o 14 de maio de
1967.
Antigo
lexionario, foi mineiro nas minas de wolframita (unha mena de
wolframio que estudamos na clase) de San Fins, en Lousame. Alí, no CPI Cernadas de Castro recórdano no seu blog. Pertencía
ao sindicato anarquista da CNT. O seu primeiro acto de rebeldía foi roubar as nóminas da mina onde traballaba, en 1937. En 1941
escapou da súa casa familiar porque o foi buscar a Garda Civil e
matou a un cabo deste corpo. A partir de aí xuntouse coa xente dos
arredores de Palas de Rei que lle axudaron a construír escondrexos
por todo o monte do Careón. Xesús un compañeiro de clase e veciño
do lugar onde estivo agochado Curuxás explícanos nun artigo como
chegar a ese escondrexo. Ademais de coñecer todo o monte do Careón
como a palma da súa man, contaba coa axuda de todos os veciños dos
arredores, un deles era o padriño de Xesús, que coñeceu a Curuxás
un día de treboada no Careón.
Todo comezou cando o padriño de
Xesús estaba co “forestal” cando, de súpeto,
comezou a chover, eles sabían dun palleiro cercano, onde foron para
regardarse da chuvia. Chegou primeiro o padriño de Xesús ao
palleiro, porque era máis novo ca o “ forestal” e corría máis,
sorprendeuse moito ao ver que alí estaba aquel home, el só
o coñecia de vista, pero os rumores que había pola vila acerca de
Curuxás non eran moi bos así que colleu medo e deuse media volta
para marchar. Xusto nese momento, Curuxás ao darse conta de que o
rapaz collera medo ergueuse e dixo “tranquilo podes quedar aquí
que non che vou facer mal ningún”. A partir daí fixéronse moi
bos amigos. En 1947 abandonou as armas pero o réxime de Franco
seguiuno perseguindo ata que en 1967 morreu por causas naturais. Sempre
permanecerá na historia, o único guerrilleiro que escapou de Franco
e é de aquí da nosa terra. Chamábanlle CURUXÁS.
Para chegar a casa de
Curuxás hai que seguir os seguintes pasos:
Saes de Palas de Rei dirección
Norte cara Friol. Pouco despois de Filgueira colles o desvío cara San Xorxe de Augasantas. A altura de Maceda, xiras dirección Felpós,
hai que pasar Felpós, o Castelo e San Fiz de Moredo e comezar a
subir a costa ata chegar ao Hospital de As Seixas. O primeiro cruce a
man esquerda por medio da aldea, segues todo recto ata chegar ao
monte Careón. Antes de subir a costa hai unha pista de terra a man
esquerda, colles esta pista de terra, baixas por ela abaixo ata chegar
onde se acaba a pista que é onde está casa chamada Casa do Coteno onde de
vez en cando durmía Curuxás para non molestar aos da outra casa. Alí tomei a seguinte foto.
Ao pé desta casa hai o camiño que se ve nesta outra foto. Tes que baixar por el abaixo. Se o
segues chegas directo a casa de Curuxás.
Esta é a entrada á casa, como ves, algo inaccesible.
Como podes ver esta foto
xa é dentro da casa que é o que se chama o Curro e está cheo de
silvas.
Por último, móstroche unha cova impresionante, aquí podería ser onde se agochaba Curuxás.
Ésta experiencia foi moi divertida. Buscando o cuarzo do Careón, chegamos a casa dunha das figuras míticas do noso concello: o Curuxás!
O home que aparece neste vídeo é Arthur Benjamin, aficionado ás matemáticas e tamén á maxia. Para poder gozar das dúas cousas á vez, el mesmo xuntounas e chamoulle Matemaxia.
Benjamin pide voluntarios, para que saian xunto a el, pero cunha condición, que levaran calculadora. Despois de reunilos comeza a Matemaxia. El pide ao público 2 números de 2 díxitos. Despois propón que as persoas que están xunto a el multipliquen eses números por si mesmos (cadrados). Mentres tanto Benjamin observa que a todos lles leva bastante tempo na calculadora. Benjamin aposta que el será máis rápido ca os voluntarios. E diredes que iso segue sendo fácil, non?
Pero a Benjamin non lle chegou, así que sobe e sobe os díxitos ata chegar a 5 díxitos, increíble. Que, iso xa non é tan fácil, ou? Despois de facer a conta perfecta, continua cos dous últimos trucos.
Un deles foi adiviñar un número ao que lle faltaba un díxito e, o outro, o máis increíble para min, foi adiviñar o día en que naceran algunhas persoas do público. Eles decían o ano, o mes e o día...(1,13,24...) e él adiviñaba se era luns, martes.... Foi increíble ese truco, este home é un xenio! E unha cousa máis... para calcular o número de 5 díxitos fíxoo de cabeza, sen calculadora ningúnha, nin sequera lle levou ni un segundo.
A miña conclusión é que este home non necesitaría calculadora nos exames, se todos foramos así...
Seguindo a dinámica
de dar repaso aos temas superados coas nubes de tags, acrecentamos o
correspondente ao tema 4 deste curso de 2º da ESO de Ciencias Naturais,
"Estrutura dun Ecosistema" (preme para ampliar)
O alumnado responderá nos comentarios ao seguinte exercicio:
Exercicio. Cos
conceptos reflicitidos na nube de tags, elabora por parellas frases que
conteñan (sinaladas en MAIÚSCULA) polos menos 3 desas palabras:
Exemplo: PRODUTORES, CONSUMIDORES e DESCOMPOÑEDORES forman parta da PIRÁMIDE TRÓFICA dun ECOSISTEMA
Cerca da miña casa na parroquia de
Carteire en Palas de Rei está o terreo da Costa parte desbrozado para pasto e parte
para plantar carballos. Entre os montes de Carteire e Mosteiro hai un
xacemento de cuarzo/seixo apreciable a simple vista aínda que ao andar vese tamén soterrado. Despois de o arar aínda se ve moito máis.
Tamén hai pizarra aínda que abunda máis
o cuarzo. As pedras sacámolas dos prados de pasto porque senón estragan a maquinaria. Nesta terra hai moito fondo e tamén é
unha terra moi húmida. Despois de tratar o tema dos minerais na
clase, achegueime ao terreo da Costa e saquei unhas fotos para enseñarllellas
aos meus compañeiros.
Nesta foto vemos algunhas pedras extraídas
das fincas, a maioría cuarzo, só que algún está soterrado.
Nesta outra vemos algunhas pedras
levantadas, a maioría, cuarzo:
E por último vemos tamén bastante
cuarzo, despois do desbrozado das fincas:
David Frederick Attenborough naceu en 1926 en Londres, Inglaterra. Polo tanto ten 86 anos e é un dos divulgadores científicos naturalistas máis coñecidos da televisión. Presentou durante moitos anos os documentais de natureza da BBC. Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2009, en Oviedo. O seu último traballo realizado a modo de despedida foi o titulado “What Wonderful World”, no que el mesmo canta a famosa canción de Lois Amstrong, mentres nos demostra mediante varias secuencias a extraordinaria e espectacular beleza que ten o noso planeta Terra.
Neste vídeo distínguese a biocenose, que é a parte formada por todos os seres vivos, e o biótopo, que é a parte inorgánica do ecosistema. Un ecosistema é o conxunto de seres vivos que habitan nun determinado lugar, as relacións que se establecen entre eles e o lugar físico onde viven, así como as características do lugar e as relacións entre o medio e os organismos. Neste vídeo podemos apreciar diferentes ecosistemas mariños, constituídos por diversos animais como pingüinos, focas, medusas, leóns mariños, cabaliños de mar e baleas. E tamén ecosistemas terrestres, formados por todo tipo de plantas e flores, monos, águias, mouchos, suricatas, rinocerontes, bisontes, elefantes, rás, patos, leóns, tartarugas e osos polares. Tanto nos ecosistemas terrestres como nos mariños, debe existir unha variedade de animais que son os que contribúen ao seu equilibrio.
Todo esto vímolo días antes na clase de Naturais. Esperamos seguir traballando máis cousas sobre este tema. Eu creo que os insecticidas, herbicidas e pesticidas, producen un dano irreversible ao medio ambiente e poñen en perigo estes ecosistemas á vez que perxudican gravemente a nosa saúde. Paremos todo isto practicando un consumo resposable: Reduce, Reutiliza, Recicla.
Existen 3 tipos de
rochas: sedimentarias, magmáticas e metamórficas. A diferenza do
que nós pensabamos non permanecen estables senón que están nun
continuo cambio de estado que dura millóns de anos. O proceso é o
seguinte:
As rochas metamórficas
poden sufrir dúas trasformacións:
Fundirse en magma debaixo
da codia terrestre. (Melting no diagrama)
Separarse en sedimentos
pola acción do clima e a erosión (Weathering and Erosion) formando, miles de anos despois, rochas sedimentarias.
Co paso do tempo as
rochas fundidas do magma arrefecen (Cooling) de dúas posibles
maneiras: No interior (plutónicas como o granito) ou no exterior
(volcánicas como o basalto). A estes dous tipos de rochas
chámanselles ígneas ou magmáticas.
As rochas magmáticas
poden a súa vez volverse a fundir en magma (Melting), separarse en
sedimentos (Weathering and Erosion) ou por efecto da presión e a
calor (Heat and Pressure) tránsformanse de novo en rochas
metamórficas como por exemplo lousa e mármore.
Por último os sedimentos
compáctanse (Compacting) formando un tipo de rochas estratificadas
chamadas sedimentarias (xeso, carbón, arxila, arenita, ...) que co
paso de millóns de anos poden formar novos sedimentos ou compactarse
dando lugar a outras rochas metamórficas.
Podes acceder ao diagrama interactivo da imaxe premendo aquí.
Aínda que os procesos que compoñen este ciclo duran centos de miles de anos, podemos visualizar unha parte deles na erupción dun volcán (enfriamento de magma no exterior). A máis espectacular que encontramos é esta do volcán Maroum no arquipiélago de Vanuatu obtida do blog Fogonazos:
Non podíamos comezar o ano sen o calendario que nos acompañará durante o seu percorrido. Aínda que o tema de poliedros fica cara o final do curso, adiantámonos uns meses para desenvolver esta actividade de matemáticas manipulativas.
Dedicámoslle a primeira parte a presentar os poliedros regulares e a pintar o desenvolvemento plano dun dodecaedro onde figuraban impreso o calendario do ano que iniciamos.
Cortando polas liñas continuas e dobrando polas discontinuas compoñeríamos o noso dodecaedro. Vemos unha mostra de 5 que foron rematados durante a sesión, na que andamos un pouco xustos de tempo. O principal problema foi o colado. Parece que o pegamento estándar escolar pode quedar un pouco xusto, aínda que suficiente para decorar a nosa mesa de traballo para este ano de
aprendizaxe.
Podes obter máis calendarios e máis información no blog ZTFNews.org