por Víctor García (2º da ESO)
Este video trata sobre
ver o lugar que habitamos dende arriba, vese dende máis lonxe, canto
máis grande sexa o exponente do número 10 e dende máis cerca,
canto máis pequeño sexa. Ao principio o exponente vai crecendo e
todo se vai facendo máis pequeno
ata que non se ve. Por cada número que sube o exponente, pónselle
un cero á dereita do nº 10 e así sabese a distancia a que estamos
do lugar inicial, un home durmindo
nun parque coa man
no peito neste caso.
Unha vez chegado a 10
elevado a 24, a 100 millóns de anos luz do lugar inicial, retrocede
a gran velocidade. Despois
comeza a ampliar a man
poñendo o exponente negativo e os ceros engádense
á esquerda antes da coma.
En 10 elevado a 0 (é
dicir, 1) vese a un home deitado nun mantel de
picnic e una muller lendo un libro.
En 10 elevado a 2 vese
o porto, o parque donde están e unha estrada.
Ao chegar a 10 elevado
a 4 vese toda a cidade e grande
parte do lago.
En 10 elevado a 6 vese
todo o lago e case todo o continente.
En 10 elevado a 7 vese
o planeta.
En 10 elevado a 9
pódese ver a órbita da Lúa.
En 10 elevado a 10 vese
un pouco da órbita da Terra.
En 10 elevado a 13 vese
o sistema solar e as órbitas dos seus planetas.
En 10 elevado a 16 o
sistema solar desaparece e só se consegue ver o sol como un punto
luminoso.
En 10 elevado a 21
vese a periferia da Vía Láctea.
En 10 elevado a 22 vese
a toda a Vía Láctea e outras galaxias.
En 10 elevado a 24 todo
é negro e non se distingue nada.
Agora
imos ao lugar inicial e ampliamos poñendo o exponente negativo.
En 10 elevado a -1 vese
un trozo de man.
En 10 elevado a -2 vese
a estructura da mau.
En 10 elevado a -4 vese
unha especie de fíos unidos.
En 10 elevado a -5 vese
unha célula.
En 10 elevado a -7
vense os cromosomas.
En 10 elevado a -8 vese
a cadena do ADN.
En 10 elevado a -10
aparecen as nubes de electróns do átomo de carbono.
En 10 elevado a -14
vese o núcleo do átomo e finalmente en 10 elevado a -15 vese un
proton.
A min esta información
faime pensar en grandes preguntas como:
Que é a vida? Por que
estamos aquí? Cal é o significado de todo isto?
Moi bo traballo compañeiro, grazas a este traballo aprendín un pouco mais sobre esto. Segue así!
ResponderEliminarEncantoume moito o vídeo e o teu traballo está moi ben explicado, parabéns Victor!
ResponderEliminar