18 de abr. de 2013

O "Dream Team" Matemático

por Uxía Dablanca (2º da ESO)

Aproveitando o aprendido co traballo sobre Ecosistemas e a técnica de composición en capas con GIMP, achegamos este deseño dun "Dream Team" das matemáticas.

A capa principal é unha homenaxe a grande temporada que está a facer o equipo infantil de Palas de Rei, que xa está en semifinais da Liga Provincial. Sobre el figuran os máis grandes matemáticos de todos os tempos, con algunha modificación dos propostos nesta web.

Entre eles, o Capitán, Enrique Vidal Abascal, probablemente o matemático galego máis importante da Historia. E o Adestrador, Manuel Pazos Crespo "Coque", profesor de matemáticas da Coruña, quen este ano recibe o premio Gonzalo Sánchez Vázquez pola súa exemplar carreira docente.

Un equipo galáctico.



6 comentarios:

  1. gran entrada. parabéns uxía!

    sandra

    ResponderEliminar
  2. Un entrenador imprescindible. Dá gusto velo en tan boa compaña. Noraboa, Coque. Noraboa, Uxía, polo blog.
    José Carlos.

    ResponderEliminar
  3. Un gran equipo...si señor

    ResponderEliminar
  4. Ola Uxía!!

    Ti si que tes un bo adestrador. Non sabes o importante que é iso para a educación das persoas, sobre todo das da túa idade.

    Non sei se sabes que os adestradores tamén se lesionan e eu teño un pequeno problema que me impide realizar o meu traballo con normalidade. Pero quero que saibas que me alegrei un montón cando vin a túa entrada e penso que ata notei melloría. Moitas grazas, Uxía, e dállas tamén a Manuel. Os meus parabéns para ti, para os teus compañeiros e para teu profesorado... que vos sigo, a miúdo, a través da rede.

    Non me gusta prometer cousas que ao mellor non podo cumprir, pero se me recupero minimamente, gustaríame coñecerte a ti e aos teus compañeiros, sempre que a Manuel lle pareza ben.

    Unha aperta, Uxía.
    Coque, o adestrador lesionado

    ResponderEliminar
  5. Rocio B. (1º E.S.O.)23 de abr. de 2013, 08:57:00

    Que gracioso o da foto, e o texto esta xenial felicidades

    ResponderEliminar
  6. Esta xenial este traballo , ademais de ca foto e graciosa.
    Parabens Uxia

    ResponderEliminar