12/03/2013

Eratóstenes e o Pozo sen Sombra

por Rocío Pérez (1º da ESO)


Carl Sagan foi autor, co-autor e editor de máis de 20 libros de divulgación científica. Tamén publicou numerosos artigos e tamén foi un grande astrónomo. Se queredes saber máis del, e da súa carreira como astrónomo podedes mirar o traballo “Grandes astrónom@s”, que fixemos na primeira avaliación. Neste artigo fálanos dun grego que mediu a Terra.

Eratóstenes, o protagonista principal deste vídeo, foi astrónomo, poeta, xeógrafo e filósofo do século III a. de C., xa que el posuía unha grande variedade de coñecemento e aptitudes para o estudo. Neste vídeo Carl Sagan explica o grande descubrimento de Eratóstenes, saber que a Terra era redonda e ao mesmo tempo saber canto era o perímetro terrestre. Antes, todos pensaban que a Terra era plana, pero Eratóstenes demostrou que non era así, este home cambiou a forma de ver a Terra, demostrou que era redonda.

Sagan conta como nesta epoca se sabía que nun día do ano, ao mediodía, e nun pozo da cidade de Siena os raios do Sol alumaban o fondo, é dicir, incidian perpendicularmente. Nese momento, Eratóstenes observou que en Alexandría (a 800 km de Siena) un pau facía unha sombra de 7º.

A única resposta era que a superficie da Terra era redonda. Co seguinte problema de proporcionalidade numérica, que resolvemos por unha regra de tres como aprendimos este ano en clase, Eratóstenes calculou cal era o perímetro da Terra:

Angulo(º)                                      Distancia(km)

      7          --------------------------------      800

   360         ---------------------------------      X

X= 800 x 360/7 = 4143 km

Tendo en conta que o perímetro da Terra, medida cos GPS de hoxe en día é 40467 km hai que recoñecer que foi  unha excelente aproximación.

 

Eratóstenes cambiou o mundo. Fíxoo redondo!





5 comentarios:

  1. Temos as mesmas teimas! Sempre que podo tamén o uso ao estudarmos a semellanza.
    E hoxe mesmo estivemos mirando a parte final deste capítulo sobre a obra de Kepler, e a aplicación das matemáticas ao coñecemento do mundo. A min non me parece só excepcional, senón que é incluso emocionante http://www.youtube.com/watch?v=nXbjYjroMJI

    ResponderEliminar
  2. Está moi ben perez!!ENCANTAME!!:)

    ResponderEliminar
  3. aplicaches a regla de tres que demos na clase douche a miña NORABOA!!

    ResponderEliminar
  4. parabens Rocío está moi ben

    ResponderEliminar
  5. bibiana 1 ESO ;)10:10:00, 19/03/2013

    encantame rocio esta moi ben;)

    ResponderEliminar