17/03/2013

A Criba de Eratóstenes

por Noelia e Xesús (1º da ESO)

Desenvolvimos este vídeo onde explicamos o método para encontrar números primos denominado "A Criba de Eratóstenes", que enlaza con outro descubrimento deste xenio da antigüidade: o cálculo do perímetro terrestre, que nos contou Rocío.

Para facer o vídeo contamos coa PDI, cos programas de gravación de audio e vídeo dos equipos do proxecto Abalar, e co programa (software libre e gratuito) Open Shot para compilar os materiais.

Velaí o tedes!


15/03/2013

357686312646216567629137

Dentro dos nosos Deseños Matemáticos para Propiedades Numéricas, presentamos esta achega de Alba Vizcaíno (1º ESO) para o número 357686312646216567629137 que verifica unha propiedade simétrica ao 739939133, elaborado por Meritxell.

Este número é o maior primo que verifica que se lle quitamos unha cifra da esquerda, o número resultante segue a ser primo.



13/03/2013

Os Carballos de Laia


por Javier Ouro (1º ESO)

Na clase de matemáticas, no tema de proporcionalidade vimos un problema que relacionaba os anos das árbores co número de aneis concéntricos que tiña, estivemos dándolle voltas e un compañeiro sacou o conto de que había uns carballos en Laia, lugar do concello de Palas de Rei, que tiñan máis de cen anos e a partir diso empezamos a investigar:
  
Para chegar a eles, vas ao cruce de Palas, na rúa do Agro do Rolo, colles dirección Filgueira. Cando chegas a Filgueira dous quilómetros máis adiante chegas a Laia. Xa a primeira granxa que ves ao lado esquerdo e a que se chama a “Casa Grande”, e xusto aí, un pouco máis abaixo está o pazo.


O pazo de Laia encóntrase como ben di o nome en Laia. Conta unha compañeira nosa que viviu alí a súa infancia, que un día case afoga no bebedeiro das vacas ao caer alí (foi seu irmán quen a sacou do bebedeiro). Segundo di ela viviu un dos peores momentos da súa vida.

Os avós de Aitor, outro compañeiro, o seu pai e os irmáns de seu pai, estiveron de caseiros no Pazo de Laia. Conta o avó de Aitor que ten noventa anos que a xente contaba que ían buscar pedra para facer a “Casa Grande”. Os bois traballaban eles sós ían e volvían e descargaban alí.

O Pazo de Laia é unha edificación maciza, rectangular coa capela adosada no lateral. Na fachada Norte ten un escudo que recorda a unión que tivo coa casa se Tulla de Fontecuberta.

Actualmente o pazo non está habitado aínda que se conserva bastante ben.

Saquei estas fotos co meu móbil dos seus carballos centenarios para compartir no blog:





12/03/2013

Eratóstenes e o Pozo sen Sombra

por Rocío Pérez (1º da ESO)


Carl Sagan foi autor, co-autor e editor de máis de 20 libros de divulgación científica. Tamén publicou numerosos artigos e tamén foi un grande astrónomo. Se queredes saber máis del, e da súa carreira como astrónomo podedes mirar o traballo “Grandes astrónom@s”, que fixemos na primeira avaliación. Neste artigo fálanos dun grego que mediu a Terra.

Eratóstenes, o protagonista principal deste vídeo, foi astrónomo, poeta, xeógrafo e filósofo do século III a. de C., xa que el posuía unha grande variedade de coñecemento e aptitudes para o estudo. Neste vídeo Carl Sagan explica o grande descubrimento de Eratóstenes, saber que a Terra era redonda e ao mesmo tempo saber canto era o perímetro terrestre. Antes, todos pensaban que a Terra era plana, pero Eratóstenes demostrou que non era así, este home cambiou a forma de ver a Terra, demostrou que era redonda.

Sagan conta como nesta epoca se sabía que nun día do ano, ao mediodía, e nun pozo da cidade de Siena os raios do Sol alumaban o fondo, é dicir, incidian perpendicularmente. Nese momento, Eratóstenes observou que en Alexandría (a 800 km de Siena) un pau facía unha sombra de 7º.

A única resposta era que a superficie da Terra era redonda. Co seguinte problema de proporcionalidade numérica, que resolvemos por unha regra de tres como aprendimos este ano en clase, Eratóstenes calculou cal era o perímetro da Terra:

Angulo(º)                                      Distancia(km)

      7          --------------------------------      800

   360         ---------------------------------      X

X= 800 x 360/7 = 4143 km

Tendo en conta que o perímetro da Terra, medida cos GPS de hoxe en día é 40467 km hai que recoñecer que foi  unha excelente aproximación.

 

Eratóstenes cambiou o mundo. Fíxoo redondo!





11/03/2013

As Microalgas

por José Carballal (1º da ESO)


Na clase de ciencias estamos dando un tema sobre os seres vivos. E eu decidín facer un traballo sobre as microalgas.

As microalgas son microorganismos fotosintéticos que poden medrar de maneira autotrófica ou heterotrófica. En xeral son altamente eficientes na fixación de CO2 e utilización da enerxía solar para producir biomasa. Están presentes en todos os corpos de auga, como lagos, mares e ríos, pero non están só na auga. Encóntranse no solo e a maioría dos  ambientes terrestres incluso nos máis extremos, o cal permite encontralas ampliamente distribuidas na biosfera e adaptadas a unha grande cantidade  de condicións. Para o seu desenvolvemento requiren de carbono, nitróxeno, fósforo, potasio, magnesio e outros materiais menores como metais, os cales son esenciais porque actúan como cofactor de enzimas do  metabolismo das microalgas.

Tamén se utilizan na agricultura para alimento de rotíferos.

O cultivo de microalgas a gran escala é un área de investigación para a producción de biocombustibles. Ao tratarse dunha técnica de alta eficiencia que non require de solo fértil nin de auga potable ademáis e unha enerxía renovable.

 O diseño de sistemas de alta eficiencia e baixo coste para a producción intensiva de microalgas, chamados fotobiorreactores, é o  primeiro  paso para a súa utilización industrial e para a producción de biocombustibles de segunda xeración.  Os sistemas de cultivo que se utilizan os fotobiorreactores son capaces de producir dez veces máis de biomasa por litro que coa técnica tradicional e  só con 10 hectáreas de este cultivo podense conseguir óptimos volumes de biomasa.

Fotobiorreactores para cultivar microalgas e facer biodiésel




Os Invertebrados de Fondo de Bikini

por Alba V. (1º da ESO)

Soánvos palabras como CELENTÉREO, PORÍFERO, EQUINODERMO, GASTERÓPODO?

Se as buscas en Fondo de Bikini (preme para ampliar), encontraralas!




08/03/2013

Our Story in 2 Minutes

E como todas as entradas non podían ser do alumnado de Palas, aquí deixamos este vídeo que ten moito que ver co artigo de Silvia e Valentina.

Realizouno un rapaz americano de secundaria e conseguiu máis de 8 millóns de visitas no youtube!



06/03/2013

Unha Foto de Grupo

Con motivo da visita de dous xornalistas para informar dos actos conmemorativos do 20 aniversario do noso centro, fixemos esta fotiño no patio durante o tempo de lecer.