28 set, 2014

Que a curiosidade continúe!


Na fotografía que encabeza o frame dereito deste blogue aparece Albert Einstein andando en bicicleta por un camiño guiado pola cuncha amarela que nos leva a Santiago. Este grande científico (personaxe do S XX para a revista TIME) inspirounos en varios artigos e é precisamente unha frase de Einstein o que mellor resume a súa esencia:

É un milagre que a curiosidade sobreviva á educación regrada

Eu só vexo milagres alí onde a xente traballa moito, onde a xente se ilusiona e termina apaixoándose por algo. Onde sacamos o mellor de nós mesmos. Para iso temos que atender á actualidade, acudir ao noso contexto, aproveitar cada pregunta para descubrir algo novo e relacionado con algo xa sabido. O que se pretendeu neste blogue foi dar un paso fóra da educación reglada, alentando a nosa curiosidade e respondend
o a mil preguntas que nos íamos facendo nas aulas. Foron dous cursos con 150 entradas, moitas delas escritas polo alumnado, que constitúen unha moi boa fonte de recursos educativos que xa estou empezando a usar no meu novo destino.

Tiña pendente este artigo do Progreso publicado no mes de xullo, onde se fala ademais do blogue, do alumnado de Palas de Rei, unha xente extraordinaria.

Unha aperta a todos os que vos achegastes algunha vez por aquí.
Que a curiosidade científica continúe!

Manuel Vilariño



16 xuñ, 2014

Exposicións dos Elementos

1º da ESO

Rematando o curso, traballamos na materia de Ciencias Naturais sobre o estado e a composición da materia. Achegámonos por primeira vez ao átomo e os compoñentes, núcleo, protóns, neutróns e electróns, segundo o modelo atómico máis  sinxelo.

En función do número atómico (número de protóns=número de electróns) ordénase a táboa periódica dos elementos, ideada por Dmitri Mendeléyev. Aquí vemos unha representación da táboa co tamaño ponderado en función da súa presenza na Natureza.


Como traballo, cada parella ten que estudar dous elementos e deseñar unha pequena presentación de como máximo dous minutos onde nos explicaran  a toda a clase:
- Número atómico (protóns e electróns) dese elemento.
- Lugar onde se encontran.
- Uso que lles deu/dá a Humanidade.
- Científico/a que o descubriu/traballou con el.
Exercicio: Inclúe como comentario, algún dato ou característica dos elementos presentados polos teus compañeiros/as ou por ti mesmo.

Explosións Solares

por Claudia Neyra (1º ESO)

O outro día púxenme a mirar un documental sobre o Sol, ao principio non tiña moito interese, xa que cría que non ía entender nada. Pero cando xa pasara un anaco diante da televisión dinme de conta de que nese documental aparecían moitas cousas sobre as que estudamos ou estamos estudando na clase de Ciencias da Natureza e decidín investigar un pouco sobre este tema, “ As explosións Solares”.
Unha Explosión Solar é unha violenta explosión na fotósfera do Sol cunha enerxía equivalente a decenas de millóns de bombas de Hidróxeno. Teñen lugar na Coroa Solar ( CS ) e a Cromosfera, calentando plasma a decenas de millóns de Graos Kelvin ( ºK ) e acelerando os electróns, protóns e ións máis pesados resultantes a velocidades cercanas á da luz.
Producen radiación electromagnética en todas as lonxitudes de onda do Espectro Electromagnético (distribución enérxica do conxunto das ondas magnética). A mayoría de Explosións suceden arredor das manchas solares, onde emerxen intensos campos magnéticos de superficie do Sol hacia a Coroa Solar.
As Explosións Solares percívense en especial nos polos xa que cando hay unha explosión solar fórmanse auroras boreais nesas zoas. As Explosións ocorren cada varios anos, aínda que a maioría delas tardan só uns poucos minutos en liberar toda a súa enerxía, así que é complicado lograr observar no momento axeitado este fenómeno. A última Explosión foi observada pola Axencia Espacial Internacional hai uns meses, foi unha explosión enorme, 35 veces o tamaño do noso paneta, a Terra.
 
Poden ser algo perigosas, por exemplo están asociadas a execcións de masa coroal, as cales infúen moito na nosa metereoloxía solar e tamén poden producir fluxos de partículas moi enerxéticas no vento solar e na magnosfera terrestre, que aumente a presión arterial e incluso dores de cabeza.


9 xuñ, 2014

Breve Historia do Sistema Métrico Internacional

por Pablo Díaz (1º da ESO)

As unidades de medida xurdiron pola necesidade de contar a colleita, o gando e para rexistrar as áreas de superficie das parcelas (por iso as medidas máis utilizadas eran as de capacidade e as de supeficie). Cada cultura tiña as súas propias medidas que nalgúns casos fóronse unindo.

Estas son as civilizacións antigas mais importates e as suas medidas:

ROMA

Os romanos pesaban contaban e median en libras, ases e pés, dividido entre 12 unidades. Usaron o sistema decimal para poder contar cos dedos das mans (sistema tamén utilizado en Mesopotamia)

Existian uns patróns desas medidas que se custodiaban relixiosamente para asegurarse que se utilizaban ben no comercio. As medidas de superficie eran a acta xeódesica (traballo de media xornada) e o jugerum (traballo de xornada completa). A medida base de lonxitude era o pé romano ou a milla romana. O pé romano era diferente do grego e máis tarde unificáronse. Canto ao peso a medida base era a  libra dividida en doce partes chamadas onzas que a súa vez divídese en 4 escrúpulos.  Estas medidas tamén se igualaron ás gregas. Por último, respecto á capacidade, tanto de líquidos como de sólidos, non se se coñecen os seus nomes pero foron asimilados os de Grecia.

EXIPTO

A unidade principal de lonxitude era o cóbado real (523,5mm). A partir de aí había moitas máis unidades pero todas derivados dela. A unidade básica de superficie era o sechut que equivale a un cadrado de 100 cóbados de lado, é dicir, 10.000 cóbados cadrados. Canto ao volume, a unidade de capacidade que mide sólidos era o hequet para cereais . O henu era a unidade de capacidade para líquidos. A unidade de peso central era o deben. Utilizábase maioritariamente para pesar metáis. As unidades de tempo eran moi parecidas ás nosas. Un ano 365 dias, cada mes 30 días e cada día 24 horas. Para saber a hora utilizábanse reloxos de area ou de auga.

Estas medidas confluiron nas do Sistema Métrico Internacional. Son as seguintes.

Magnitude física    Unidade    Símbolo
Lonxitude (l)           metro                    m
Masa (m)                gramo                    g
Tempo (t)                segundo                 s
Temperatura (T)     kelvin                     k
Superficie               metro cadrado      m2
Volume                    metro cúbico         m3

21 mai, 2014

Introdución a Xeometría Fractal


Neste momento do curso, temos a case todo o instituto mergullado nos temas de xeometría plana e do espazo nas aulas de matemáticas. Estamos a traballar fundamentalmente coa xeometría de Euclides, con novas metodoloxías dixitais mais sen variar o que conceptualmente ten séculos e séculos de vixencia.

Mais non todo vai ser Euclides. No século pasado agromou unha nova xeometría a partir de conxuntos especialmente fermosos que constituían elementos intermedios aos definidos clasicamente: Neste vídeo, o Prof. Aldán Santamarina achéganos a esta espectacular xeometría, despois de facer un breve percorrido pola historia da xeometría euclidiana.

Veremos o triángulo de Sierpinski, a curva de Koch, o conxunto de Cantor e faremos unha emocionante viaxe polo interior dunha esponxa de Menger.




19 mai, 2014

Festa das Letras Galegas


O venres 16 de maio o EDLG armou unha festa durante as dúas últimas horas de clase dirixida a todo o alumnado do centro. Foi a festa das letras, da pintura, da música e da poesía, aínda que tamén contou cun comezo de entrega de trofeos e diplomas. O acto foi conducido por Rosi Abreu e Andrea Ayaso.



En primeiro lugar, os alumnos Rodrigo González, Manuel Santos e Verónica Viña recibiron os trofeos como primeiros clasificados Torneo de Xadrez IES do Camiño 2014. O torneo foi organizado polo Dpto. de Matemáticas e o Equipo da Biblioteca. Participaron 40 alumnos/as e 4 profesores e xogáronse 100 partidas na fase previa e 16 nas eliminatorias.



A continuación Andrea Ayaso, Xeila Vázquez e Iván Arias (de xira teatral polo sur de España) recibiron o diploma como gañadores do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, do que se falará nun próximo post.

Estela Vizcaíno e Claudia Neyra que delegou en Nicolás Vázquez por estar tamén de xira leron as súas Esopías premiadas nos concursos de Agapema e a Fundación Barrié.



Entramos a continuación en materia para render homenaxe a Xosé María Díaz Castro. Escolleuse proxectar un resumo de 10 minutos do sensacional traballo "Telexornal Díaz Castro" realizado polo alumnado do CPI Os Dices de Rois.



A seguir deuse recitado a unha escolma de poemas no que interviu o alumnado da ESO no noso instituto o que nos achegou á obra do autor de Guitiriz.



No noso instituto nunca falla a música, e tivemos a actuación de pandereteiras, gaiteiros e cantareiras. Temos que agradecer especialmente a súa participación porque colaboraron con moi pouco marxe para preparar a actuación. Son artistas de moita calidade e demostrárono unha vez máis.



A sorpresa da xornada veu da man de profesor Toño Núñez e do ex-alumno David, os chamados Transos do Chousa de Velín (*). Recitaron a Díaz Castro e a outros poetas, e interpretaron pezas musicais que van desde Toñito de Poi a Suso Vaamonde. Todo un espectáculo que nos emocionou a todos.



Agradecemos a colaboración a todos e todas, no que un ano máis nos xuntamos para berrar, a nosa maneira, un Viva a Lingua Galega!

(*)  Erroneamente Chan de Valín nunha primeira versión do post

Plantas Carnívoras

por Pablo García Bran (1º ESO)

Definición
Unha planta carnívora, tamén chamada planta insectívora, é unha planta que obtén parte ou a maioría das súas necesidades nutricionaiss  mediante a captura e o consumo de animais e protozoos, normalmente insectos. Estas plantas crecen xeralmente en lugares onde o solo é pobre, en especial en nitróxeno, como as terras ácidas pantanosas e os farallóns rochosos.
Existen distintos tipos de plantas carnívoras, dependendo do mecanismo de captura utilizado:
Pinzas

É  o  mecanismo da venus atrapamoscas , xunto ca Aldrovanda vesiculosa. Son as dúas únicas especies que teñen tal mecanismo. O insecto ou animal pequeno é atraído por un néctar doce, póusase na folla e cando roza os cilios detectores cerrase automáticamente. As espiñas dos bordes impiden o escape da presa.
A presa dentro  móvese, e estimula a  secreción de zumes dixestivos para a súa desintegración, que dura varios días. Unha vez dixerido o insecto, a folla despréndese do seu talo orixinal para dar lugar a unha nova folla e poder repetir este proceso unha e outra vez . 



Pelos pegajosos

É o mecanismo usado por Drosera, Byblis, Drosophyllum e Pinguicula, entre outras. Drosera posúe follas en rosetas pegadas ao solo que segregan un fluido viscoso cun arrecendo similar ao da mel.
Cando un insecto se pousa na folla, queda atrapado nos pelos pegañosos. Despois os tentáculos de Drosera  cúrvanse hacia dentro ata que se cerran. Pode tardar dende un minuto a varias horas en cerrar e transcurren entre 7 a 14 días ata que os tentáculos se volven a abrir completamente.



Cultivo
A maioría das plantas viven nos pantanos e as demais, xeralmente, en rexións tropicais, polo que requiren un alto grao de humidade. Estas condicións  pódense imitar no cultivo doméstico ou a pequena escala colocando as plantas dentro dun recipiente maior co  fondo cuberto de coios pequenos que se manteñan constantemente húmidos.
As distintas especies de plantas carnívoras posúen diferentes necesidades de luz solar, mestura de substrato ou humedade, todas comparten algunas destas necesidades. A maioría requiren auga de chuvia, auga destilada... A auga corrente contén minerais  que se acumularían ata matar a pranta. Este é o motivo polo cal a maioría das prantas carnívoras evolucionaron en substratos ácidos e pobres en nutrientes. Polo tanto son moi sensibles á achega continuada de nutrientes no solo. Xa que a maioría vexeta en pantanos, case todas son moi intolerantes á seca, polo que no vrao hai que colocar a maceta sobre un pratiño con auga.
                                                    
As plantas carnívoras son incapaces de dixerir outro tipo de alimentos que non sexan insectos, como trozos de carne, por exemplo, xa que estos  pudrirían no  interior da trampa causando a morte de toda  planta. É raro que unha carnívora morra aunque non atrape ningún insecto, o que pode afectar é o seu crecimiento.  En xeral, o mellor é deixar que estas plantas utilicen os seus propios recursos.



Algúns datos curiosos sobre as plantas carnívoras.

  • Existen máis de 625 especies de plantas carnívoras no mundo.
  • Estas plantas non só satisfacen as súas necesidades nutricionais de insectos, polo que é mellor chamalas carnívoras que plantas insectívoras.
  • Aunque non teñen músculos, como todas las plantas, as plantas carnívoras móvense.
  • As plantas carnívoras cazan utilizando pinzas, pelos pegañosos, trompetas, urnas e vexigas de succión, dependendo da especie que se trate.
  • Poden crecer tanto debaixo da agua, na súa superficie ou sobre a terra.
  • A súa altura oscila  entre un centímetro ata tres metros de alto.
  • A primera descripción das plantas carnívoras fixoa Charles Darwin en 1875.